A Curota e Curotiña


Dende a Nova Vila
Cara ao Barbanza
A altura da Curota,
Dende o ollo do vidro
Xusto por onde rebaixa altitude o monte
Buscando o rife rafe coa mar,
Xusto no pico da besta
Vindo dende a súa ala norte,
Suspéndese sempre o nubeiro trota mundo,
Abrindo buraco entre ela
E ó raso desnivelado da montaña
Nun viaxe baixo ata molladura.
Sempre cunha boca aberta
Todos os días nunha figura cambiante
É  unha nube case sempre semellante a cabeza do réptil
É  xigante e non entende de queixa humana
Sempre da a cara
É inqueda,
Cando chega a hora dos bicos do dragón coas Curotas   
Quedase sempre nun estado de inhibición  ata caer a noite
As noites de lúa chea , veuse a súa terquedade duradeira
Ela ten a manía bonita de facer e desfacer o cor do alecrín nun mosaico
As veces que lle presta
Fai do lume da nube o que ninguén pode cos cores
Reflexa a súa sombra na ría coma ninguén.
Dinse póla A Illa,
Cando Curota tíñase da nube escura nun atardecere
Mañá chove, é certo.

Abdoulaye Bilal Traoré.(2011)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

De corazón

Mundo adiante (A Xosé Neira Vilas, Pai das “Memorias dun neno labrego”)

Fondura dunha fala na ría