Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

Galiza Terra

Imaxe
Galiza Terra Eu vexo  neste pobo meu A alma do Ben, vexo a andarela     Camiñar diante dos meus ollos de vidro A beleza ainda, da terra que cantou Rosalía Nos momentos do calquer desgraza o troula Momentos onde alumea tanto o corazón Encollido é o pensamento da fondura , vexo a alma Da miña terra nun berce das brisas do finisterre Os pilares deste manancial nomeado Galiza Terra De bondade espreita nun bo-bo-bo corpo. Abdoulaye Bilal Traoré

Prohibido sorrir o, que non se vira

Imaxe
Prohibido sorrir o, que non se vira  Daquela , fai   xa tempo,foi coma unha xávega na cara a sorpresa maiúscula ao chegar nas terras de labranza onde o sorriso natural á esculca é ofensa coma a mirada baixante cando un, che fala. Dinse que é má educación coma si, a escoita non conta tampouco as sobras dos sentidos da persoa que vexa cando o querer é meta. ¿ Cómo é posíbel que a alegria do sorriso sexa nas relacións, o freo iguais ca aquilo que aguza o latexo e, fixa a norma entre o amo e a criada? Faime nó na gorxa saber que non se pode nin debese sorrir só, porque   pétalle a un sorrir ao natural, máis vale deprender aos nomes dos Din Don e Dona da pronuncia ideal , sen destempo nin voz en exceso porque o silencio custa ten prezo e pagase co diñeiro que fai medrar as plantas de cemento doando moito frio nas madrugadas. Non se entende as maneiras  do estado de acollida e non é por falta do desexo

O fuxir da nube

Imaxe
O fuxir da nube Fuxir   lonxe   da condena do medo f uxir   moi   lonxe   do só galego fuxir   dos feitos da   nortada   mareante coma a intrépida fala baixa polo alto no   fuxir. Fuxir   alá,   mar adiante onde   inmensidade   é planeta onde o   camiño   é andarela na apertura   dunha   viaxe. Fuxir   do -e statu-quo-   da   pedra  nai dos meus sentires fuxir onde o mundo é de facto meu, miña terra meu solpor co corazón limpa á procura da alma cooperativa nas mans teu e meu. Fuxir   no reino da liberdade onde o   cerebro   no é   vexetativo onde meu é a decisión   da forma do   gran   da   semente   sen   enigma nas artes do coido mutuo onde a aperta   é   verdadeira, B envido .  Abdoulaye Bilal Traoré

Mudan as rúas

Imaxe
Mudan as rúas Miña rúa Rúa das Rodas Miña  rúa rúa dos carros Ai!, bo camiño que fun camiño que fun alá na ría, miña rúa levaba na súa horta alá no campo ata ó chan da marea baixa Ola!, benqueridoamigo, ónde vas? Ola! Mariña, cómo está vostede? Así de carcamán na miña vila non che falo, enfógome no San Mauro vou no Cabanal xunto a miña moza aperta de miña parte, eu querovos moito, grazas grazas Mariña o teu cariño chega ao porto Miña rúa Rúa dasRodas Miña  rua Rúa dos carros Ai!, bo camiño que fun camiño que fun alá na ría miña rúa levaba na súa horta alá no campo ata ó chan da marea baixa. E logo agora ónde ondea a gaivota? de Priorato ao consistorio ata a feira meu ben faise auga na boca xa! xa!, entón da Pastoriza ti non falas nin andas que si!,  que si!, hoxe na mañán cedo de alá volvín  dende a rúa nova do San Mauro fun ría adiante ai! rúa das Rodas rúa do meu carro rúa que fun na miña memoria. Miña rúa Rúa d