Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2014

Fondura dunha fala na ría

Imaxe
Oíches Cabaleira, queridiña Teño que erguerme cedo maña E, todo é pouco para quen ten mancadela Na empeña do pé nun frío de xelar da madrugada Cando calquera roupa no corpo  faise auga. Miña fraca oíches, ponlle un nada é todo Ao latexo do fogo da tenrura sen tristura. Só, un anaquiño, O  trisquiño de moito nun bo peito de viaxe O sexa, ao bo xeito das amizades sólidas fa ladurías Da auga é verde-revolta,  é,  quente voaxa da pel dos ventos. Abdou laye Bi lal Traoré.

Mundo adiante (A Xosé Neira Vilas, Pai das “Memorias dun neno labrego”)

Imaxe
Cara-a-col, Cara adiante. Eu fun carboeiro nas outras esquinas da terra. Cara-a-col, Polo o mar pasei Nas montañas estableceime, no chan medrei, Dende os caios da Bahia, troquei carbón por pesos Da natura feita para vivir como o lume. Cara-a- col, Dende lonxe, Dende miña Fisterra chegou o poeta galaico Nós, Démoslle o aforro dos carboeiros sin auga Se non é a da chuvia para matar sede Noso mal vivir para que o neno orfo teña pan Deus,a nai que pariu o creador do botafumeiro. Cara-a-col, A nai que pariu a bomba do orgullo que me deixou na miseria Por ter morriña do país da miña avoa. Eu fun indiano na Cuba Diríacho, “coup bas” o Francés Dun golpe baixo cara a humanidade. Cara-a-col eu non son nada nin agora nin antes. Cara-a-col chegou nas mans do facendeiro  que encontrei en todos os camiños, É unha lacra, Dende eiquí, a terra, chupoume a forza da alma Deixoume con só, a morriña dos recordos antes da morte e, Lucas Nogreira Saez