Mudan as rúas

Mudan as rúas

Miña rúa Rúa das Rodas
Miña  rúa rúa dos carros
Ai!, bo camiño que fun
camiño que fun
alá na ría, miña rúa levaba
na súa horta alá no campo
ata ó chan da marea baixa

Ola!, benqueridoamigo, ónde vas?
Ola! Mariña, cómo está vostede?
Así de carcamán na miña vila
non che falo, enfógome no San Mauro
vou no Cabanal xunto a miña moza
aperta de miña parte, eu querovos moito,
grazas grazas Mariña o teu cariño chega ao porto

Miña rúa Rúa dasRodas
Miña  rua Rúa dos carros
Ai!, bo camiño que fun
camiño que fun
alá na ría miña rúa levaba
na súa horta alá no campo
ata ó chan da marea baixa.

E logo agora ónde ondea a gaivota?
de Priorato ao consistorio ata a feira
meu ben faise auga na boca
xa! xa!, entón da Pastoriza ti non falas nin andas
que si!,  que si!, hoxe na mañán cedo de alá volvín 
dende a rúa nova do San Mauro fun ría adiante
ai! rúa das Rodas rúa do meu carro
rúa que fun na miña memoria.

Miña rúa Rúa dasRodas
Miña  rua Rúa dos carros
Ai! bo camiño que fun
camiño que fun
alá na ría miña rúa levaba
na súa horta alá no campo
ata ó chan da marea baixa


Abdoulaye Bilal Traoré


Comentarios

Publicacións populares deste blog

De corazón

Mundo adiante (A Xosé Neira Vilas, Pai das “Memorias dun neno labrego”)

Fondura dunha fala na ría