Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

Fondura dunha fala na ría

Imaxe
Oíches Cabaleira, queridiña Teño que erguerme cedo maña E, todo é pouco para quen ten mancadela Na empeña do pé nun frío de xelar da madrugada Cando calquera roupa no corpo  faise auga. Miña fraca oíches, ponlle un nada é todo Ao latexo do fogo da tenrura sen tristura. Só, un anaquiño, O  trisquiño de moito nun bo peito de viaxe O sexa, ao bo xeito das amizades sólidas fa ladurías Da auga é verde-revolta,  é,  quente voaxa da pel dos ventos. Abdou laye Bi lal Traoré.

Mundo adiante (A Xosé Neira Vilas, Pai das “Memorias dun neno labrego”)

Imaxe
Cara-a-col, Cara adiante. Eu fun carboeiro nas outras esquinas da terra. Cara-a-col, Polo o mar pasei Nas montañas estableceime, no chan medrei, Dende os caios da Bahia, troquei carbón por pesos Da natura feita para vivir como o lume. Cara-a- col, Dende lonxe, Dende miña Fisterra chegou o poeta galaico Nós, Démoslle o aforro dos carboeiros sin auga Se non é a da chuvia para matar sede Noso mal vivir para que o neno orfo teña pan Deus,a nai que pariu o creador do botafumeiro. Cara-a-col, A nai que pariu a bomba do orgullo que me deixou na miseria Por ter morriña do país da miña avoa. Eu fun indiano na Cuba Diríacho, “coup bas” o Francés Dun golpe baixo cara a humanidade. Cara-a-col eu non son nada nin agora nin antes. Cara-a-col chegou nas mans do facendeiro  que encontrei en todos os camiños, É unha lacra, Dende eiquí, a terra, chupoume a forza da alma Deixoume con só, a morriña dos recordos antes da morte e, Lucas Nogreira Saez

A Curota e Curotiña

Imaxe
Dende a Nova Vila Cara ao Barbanza A altura da Curota, Dende o ollo do vidro Xusto por onde rebaixa altitude o monte Buscando o rife rafe coa mar, Xusto no pico da besta Vindo dende a súa ala norte, Suspéndese sempre o nubeiro trota mundo, Abrindo buraco entre ela E ó raso desnivelado da montaña Nun viaxe baixo ata molladura. Sempre cunha boca aberta Todos os días nunha figura cambiante É  unha nube case sempre semellante a cabeza do réptil É  xigante e non entende de queixa humana Sempre da a cara É inqueda, Cando chega a hora dos bicos do dragón coas Curotas    Quedase sempre nun estado de inhibición  ata caer a noite As noites de lúa chea , veuse a súa terquedade duradeira Ela ten a manía bonita de facer e desfacer o cor do alecrín nun mosaico As veces que lle presta Fai do lume da nube o que ninguén pode cos cores Reflexa a súa sombra na ría coma ninguén. Dinse póla A Illa, Cando Curota tíñase da nube escura nun atardecere M

De corazón

Imaxe
(A Andrea Fernandez Maneiro) Galiza,¿quen dubida do teu latexo? Dende logo, eu non No meu corazón, entraches, Teu recendo cúbreme dende fai tempo. O camiño da pedra e da auga: Río serpe, O río Armenteira, Teus muiños son berce da gran moenda. Camiños que a roda do carro Deixou gravar na pedra. Da pedra, eu vin nacer o fento. Da pedra, Da pedra mesma do río, Tenra vida xerminando É o carballo de eiquí Caparazon duro da canteira, Auga derretindo. ¿Din que isto non é fervenza de vida? Din que é todo estado do ánimo.. Hoxe é día dos claros Mañan está na man do ceo. No teu paladar deixou a abella o seu néctar. Abdoulaye Bilal Traoré ( ©2011 )