Mundo adiante (A Xosé Neira Vilas, Pai das “Memorias dun neno labrego”)

Cara-a-col,
Cara adiante.
Eu fun carboeiro nas outras esquinas da terra.
Cara-a-col,
Polo o mar pasei
Nas montañas estableceime, no chan medrei,
Dende os caios da Bahia, troquei carbón por pesos
Da natura feita para vivir como o lume.
Cara-a- col,
Dende lonxe,
Dende miña Fisterra chegou o poeta galaico
Nós,
Démoslle o aforro dos carboeiros sin auga
Se non é a da chuvia para matar sede
Noso mal vivir para que o neno orfo teña pan
Deus,a nai que pariu o creador do botafumeiro.
Cara-a-col,
A nai que pariu a bomba do orgullo que me deixou na miseria
Por ter morriña do país da miña avoa.
Eu fun indiano na Cuba
Diríacho, “coup bas” o Francés
Dun golpe baixo cara a humanidade.
Cara-a-col eu non son nada nin agora nin antes.
Cara-a-col chegou nas mans do facendeiro 
que encontrei en todos os camiños,
É unha lacra,
Dende eiquí, a terra, chupoume a forza da alma
Deixoume con só, a morriña dos recordos antes da morte e,
Lucas Nogreira Saez voltou ás costas da súa infância,
Cara-a-col, o lonxevo foise so
Logo, voltou na Arousa cós seus cento sesenta e tres decendentes.
O Zapata namorose da linda negra que a febre matou moza
E así medraron as escolas Zapata para fillos de escravos na Habana.
Cara-a-col,
Eu vou morrer eiquí no esquezemento.
Nós démoslle douscentos cincuenta pesos
Do noso aforro ao poeta visitante, para o futuro dos nenos
E para nós, quedou a morte no anonimato.
Carboeiros dos que ninguén quere lavar a roupa.


Abdoulaye Bilal Traoré 25/02/2011

Comentarios

Publicacións populares deste blog

De corazón

Fondura dunha fala na ría