Prohibido sorrir o, que non se vira

Prohibido sorrir o, que non se vira 

Daquela, fai  xa tempo,foi coma unha xávega na cara
a sorpresa maiúscula ao chegar nas terras de labranza
onde o sorriso natural á esculca
é ofensa coma a mirada baixante cando un, che fala.
Dinse que é má educación coma si, a escoita non conta
tampouco as sobras dos sentidos da persoa que vexa
cando o querer é meta. ¿Cómo é posíbel que a alegria
do sorriso sexa nas relacións, o freo iguais ca aquilo
que aguza o latexo e, fixa a norma entre o amo e a criada?
Faime na gorxa saber que non se pode nin debese
sorrir só, porque  pétalle a un sorrir ao natural, máis vale
deprender aos nomes dos Din Don e Dona da pronuncia
ideal, sen destempo nin voz en exceso porque o silencio custa
ten prezo e pagase co diñeiro que fai medrar as plantas
de cemento doando moito frio nas madrugadas.
Non se entende as maneiras  do estado de acollida e non
é por falta do desexo do dar e recibir nun respecto mutuo
nun verdadeiro respecto, a confianza nun rigor natural amplo
alén dos homes, do alén mar agora que é o mundo de verdade.

 Abdoulaye Bilal Traoré




Comentarios

Publicacións populares deste blog

De corazón

Mundo adiante (A Xosé Neira Vilas, Pai das “Memorias dun neno labrego”)

Fondura dunha fala na ría