Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

Fondura dunha fala na ría

Imaxe
Oíches Cabaleira, queridiña Teño que erguerme cedo maña E, todo é pouco para quen ten mancadela Na empeña do pé nun frío de xelar da madrugada Cando calquera roupa no corpo  faise auga. Miña fraca oíches, ponlle un nada é todo Ao latexo do fogo da tenrura sen tristura. Só, un anaquiño, O  trisquiño de moito nun bo peito de viaxe O sexa, ao bo xeito das amizades sólidas fa ladurías Da auga é verde-revolta,  é,  quente voaxa da pel dos ventos. Abdou laye Bi lal Traoré.

Mundo adiante (A Xosé Neira Vilas, Pai das “Memorias dun neno labrego”)

Imaxe
Cara-a-col, Cara adiante. Eu fun carboeiro nas outras esquinas da terra. Cara-a-col, Polo o mar pasei Nas montañas estableceime, no chan medrei, Dende os caios da Bahia, troquei carbón por pesos Da natura feita para vivir como o lume. Cara-a- col, Dende lonxe, Dende miña Fisterra chegou o poeta galaico Nós, Démoslle o aforro dos carboeiros sin auga Se non é a da chuvia para matar sede Noso mal vivir para que o neno orfo teña pan Deus,a nai que pariu o creador do botafumeiro. Cara-a-col, A nai que pariu a bomba do orgullo que me deixou na miseria Por ter morriña do país da miña avoa. Eu fun indiano na Cuba Diríacho, “coup bas” o Francés Dun golpe baixo cara a humanidade. Cara-a-col eu non son nada nin agora nin antes. Cara-a-col chegou nas mans do facendeiro  que encontrei en todos os camiños, É unha lacra, Dende eiquí, a terra, chupoume a forza da alma Deixoume con só, a morriña dos recordos antes da morte e, Lucas Nogreira ...

A Curota e Curotiña

Imaxe
Dende a Nova Vila Cara ao Barbanza A altura da Curota, Dende o ollo do vidro Xusto por onde rebaixa altitude o monte Buscando o rife rafe coa mar, Xusto no pico da besta Vindo dende a súa ala norte, Suspéndese sempre o nubeiro trota mundo, Abrindo buraco entre ela E ó raso desnivelado da montaña Nun viaxe baixo ata molladura. Sempre cunha boca aberta Todos os días nunha figura cambiante É  unha nube case sempre semellante a cabeza do réptil É  xigante e non entende de queixa humana Sempre da a cara É inqueda, Cando chega a hora dos bicos do dragón coas Curotas    Quedase sempre nun estado de inhibición  ata caer a noite As noites de lúa chea , veuse a súa terquedade duradeira Ela ten a manía bonita de facer e desfacer o cor do alecrín nun mosaico As veces que lle presta Fai do lume da nube o que ninguén pode cos cores Reflexa a súa sombra na ría coma ninguén. Dinse póla A Illa, Cando Curota tíñase da nube e...

De corazón

Imaxe
(A Andrea Fernandez Maneiro) Galiza,¿quen dubida do teu latexo? Dende logo, eu non No meu corazón, entraches, Teu recendo cúbreme dende fai tempo. O camiño da pedra e da auga: Río serpe, O río Armenteira, Teus muiños son berce da gran moenda. Camiños que a roda do carro Deixou gravar na pedra. Da pedra, eu vin nacer o fento. Da pedra, Da pedra mesma do río, Tenra vida xerminando É o carballo de eiquí Caparazon duro da canteira, Auga derretindo. ¿Din que isto non é fervenza de vida? Din que é todo estado do ánimo.. Hoxe é día dos claros Mañan está na man do ceo. No teu paladar deixou a abella o seu néctar. Abdoulaye Bilal Traoré ( ©2011 )